Granxa Outeiro

Somos unha pequena granxa de producción agrícola e leiteira situada en Galicia.

Contamos cunha pequena cabana das que sae a materia prima para diferentes produtos lácteos coma iogures, queixo, manteiga, nata... Tamén dispoñemos dunha horta de mantemento con verduras e hortalizas varias...

Unhas 8 Ha propias das que sacamos o mellor e continuamos un ciclo importante no mantemento da nosa paisaxe e cultura. 

En definitiva, somos unha pequena granxa das de toda a vida en Galicia, adaptada ós novos tempos. Unha das moitas que sosteñen un tecido produtivo importante na nosa comunidade. A nosa vontade é contar con máis xente para seguir adiante cun novo modelo de producción de proximidade.

Se che interesa o que facemos ou contar coa nosa experiencia podes ir á páxina de contacto e enviarnos o teu e-mail. 

Dende aquí che damos as grazas pola túa visita e interese.

Versión para imprimir | Mapa del sitio
Granxa Outeiro. Todos os dereitos reservados.